Os últimos anos foron unha auténtica revolución no despregamento das redes de fibra e 5G no noso país. Porén, continúa a ahber zonas de sombra, o que obriga ás administracións a artellar solucións que aceleren a chegadas destas tecnoloxías aos fogares restantes.
Con este fin, o Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública puxo en audiencia pública un novo Punto de Información Único, unha plataforma que permitirá aos operadores coñecer todas as obras públicas previstas no país para coordinar o despregamento das súas infraestruturas de telecomunicacións. A medida busca reducir custos, evitar duplicidades e facer máis rápido o despregamento das redes de fibra e 5G.
Unha plataforma única para coordinar as obras
Ata o de agora, os operadores que querían instalar fibra ou novas infraestruturas de telecomunicacións tiñan que consultar individualmente con concellos, deputacións e outras administracións para saber se existían canalizacións dispoñibles ou se había obras previstas.
Co novo Punto de Información Único, toda esa información estará centralizada nunha única plataforma, facilitando que as compañías planifiquen os seus despregamentos coincidindo con obras xa programadas.
Isto permitirá aproveitar canalizacións abertas ou traballos de urbanización para instalar fibra óptica ou infraestrutura 5G sen necesidade de abrir novas gabias, reducindo tanto os prazos como os custos.
O principal obxectivo da iniciativa é acelerar a chegada das redes de nova xeración ás vivendas e empresas. Ao compartir información sobre obras públicas e infraestruturas dispoñibles, os operadores poderán planificar con maior antelación as expansións das súas redes, levando fibra e 5G a máis localidades nun menor prazo.
Esta coordinación tamén beneficiará ás administracións públicas ao minimizar o impacto das obras nas rúas e reducir os traballos duplicados.
Unha medida impulsada pola Unión Europea
A creación desta plataforma responde ao Regulamento (UE) 2024/1309, unha normativa europea que pretende reducir os custos do despregamento das redes de comunicacións electrónicas en todos os estados membros.
Unha vez aprobada a orde ministerial, as administracións e entidades afectadas deberán incorporar á plataforma, nun prazo máximo de tres meses, información sobre obras civís previstas, canalizacións, condutos e infraestruturas dispoñibles para compartir. Deste xeito, os operadores poderán coñecer con antelación as actuacións previstas e decidir se aproveitan esas intervencións para instalar as súas propias redes.implificar un proceso que ata agora era lento e burocrático, favorecendo que tanto a fibra como o 5G cheguen antes aos usuarios.
Se a iniciativa cumpre os obxectivos previstos, as usuarias poderemos beneficiarnos dunha conectividade máis rápida e dunha expansión máis eficiente das redes de telecomunicacións nos próximos anos.
