Pepephone continúa reforzando o seu catálogo de tarifas móbiles. A operadora do grupo MasOrange acaba de actualizar o seu plan máis económico, que pasa de ofrecer 30 GB a 50 GB mensuais sen incrementar o prezo. A mellora aplícase automaticamente ás usuarias e ten efectos retroactivos desde o 1 de agosto.
A tarifa de 7 euros gaña 20 GB máis
Tras renovar nas últimas semanas boa parte das súas tarifas móbiles, Pepephone completa agora a actualización do seu catálogo coa mellora da opción máis económica.
Desde agora, a tarifa de 7 euros ao mes inclúe 50 GB de datos móbiles (antes 30 GB), ademais de chamadas mantendo o seu prezo habitual.
A compañía comunicou a novidade á súa clientela mediante correo electrónico, confirmando que non é necesario realizar ningún trámite, xa que a actualización se aplica de forma automática.
Un dos aspectos máis interesantes desta actualización é que ten carácter retroactivo. Isto significa que as usuarias que xa tiñan contratada esta tarifa dispoñen dos novos 50 GB desde o 1 de agosto, recalculándose automaticamente o consumo acumulado durante os primeiros días do mes na área de cliente e na aplicación de Pepephone.
Ademais, a operadora deixa claro que o prezo permanece inalterable, mantendo a súa filosofía de mellorar as condicións das tarifas sen repercutilo na factura.
Así queda o catálogo de tarifas móbiles de Pepephone
Coa última actualización, Pepephone presenta unha oferta máis competitiva no segmento das tarifas só móbil:
- 50 GB por 7 euros ao mes.
- 100 GB por 10 euros ao mes.
- 150 GB por 15 euros ao mes.
- 300 GB por 20 euros ao mes.
- 289 GB con Netflix por 26,90 euros ao mes.
- 289 GB con Amazon Prime por 25,90 euros ao mes.
- 289 GB con Netflix e Amazon Prime por 30,90 euros ao mes.
Máis competencia no segmento low cost
Con este movemento, Pepephone reforza a súa posición fronte ás ofertas doutros operadores de baixo custo, especialmente nun momento no que as telecos continúan aumentando os bonos de datos sen tocar os prezos.
A nova tarifa de 50 GB por 7 euros convértese nunha das opcións máis atractivas para quen busca unha liña móbil económica con suficiente capacidade para navegar, utilizar redes sociais, reproducir música ou vídeo en streaming e manterse conectado durante todo o mes.
