Samsung bate récord cos novos Galaxy Z: as reservas medran un 25% en España e o Fold8 xa é o gran protagonista

Non só estamos ante unha nova xeración de plegables de Samsung. Os Galaxy Z Fold8 Ultra, Galaxy Z Fold8 e Galaxy Z Flip8 están conseguindo que a compañía bata o seu récord de reservas neste segmento, con cifras especialmente destacadas no Estado español.

O fabricante surcoreano compartiu cifras que amosan un crecemento das reservas dos novos modelos encartábeis nun 25% respecto á xeración anterior, mentres que no conxunto de Europa superaron nun 17% o anterior récord histórico de Samsung. E hai un modelo que está concentrando boa parte da demanda: o Galaxy Z Fold8.

O Galaxy Z Fold8 xa é o máis reservado

O novo Galaxy Z Fold8 representa o 44% das reservas da nova serie Galaxy Z no Estado español. En Europa a súa porcentaxe tamén supera o 40%. O dato resulta especialmente interesante porque Samsung está apostando por un novo formato para este modelo, que busca facer máis natural o paso entre a pantalla exterior e a gran pantalla interior.

Pero o crecemento dos Fold vai máis alá. As reservas combinadas do Galaxy Z Fold8 e Galaxy Z Fold8 Ultra aumentaron un 70% en Europa respecto ás rexistradas polo Galaxy Z Fold7.

A compañía asegura que a nova familia Galaxy Z xa superou en máis dun 17% o anterior récord europeo de reservas de smartphones encartábeis, e fíxoo incluso antes de rematar o período de reserva.

A nova xeración está formada por tres modelos: o Galaxy Z Fold8 Ultra, como máximo expoñente da gama; o Galaxy Z Fold8, que introduce un novo formato dentro da familia Fold; e o Galaxy Z Flip8, que mantén a aposta polo deseño tipo cuncha e a FlexWindow.

A aposta polos Fold colle forza

Os datos apuntan a un cambio interesante dentro da propia gama encartábelde Samsung. Aínda que o Galaxy Z Flip segue sendo unha das propostas máis recoñecibles da compañía, o crecemento dos modelos Fold mostra que cada vez hai máis usuarias interesadas nun encartábel orientado á produtividade e ao consumo de contido.

En España, que o Galaxy Z Fold8 concentre case a metade das reservas da nova xeración é unha mostra clara desta tendencia.

Os novos Galaxy Z chegaron oficialmente ás tendas o 7 de agosto, despois de pechar o período de reservas o día anterior. Samsung ofrecía durante esa fase vantaxes de ata 1.146 euros nos Galaxy Z Fold8 e Fold8 Ultra e de ata 1.046 euros no Galaxy Z Flip8, combinando descontos, Entrega y Estrena e outras promocións.

A nova familia Galaxy Z parte así con forza no mercado, cunha cifra de reservas que confirma que os plegables están deixando de ser un formato minoritario para converterse, pouco a pouco, nunha categoría cada vez máis relevante dentro dos smartphones de gama alta.

Sobre o autor

Reply