Afeitas a ter o roaming incluído, viaxar fóra da Unión Europea adoita implicar unha preocupación adicional: canto vai custar usar o móbil no destino. Vodafone moveu ficha neste apartado recentemente cunha renovación da súa oferta de roaming internacional, que reduce significativamente o prezo dalgúns dos seus bonos diarios.
A operadora vermella aplica rebaixas de entre o 50% e o 60% respecto dos prezos anteriores e incorpora opcións desde só 3 euros ao día para conectarse en países como Estados Unidos, México, Xapón, Exipto ou Tailandia, entrando a competir directamente coas empresas especializadas e eSIM para viaxar.
Roaming desde 3 euros ao día
A nova oferta de Vodafone divídese en diferentes bonos de datos en función do destino e da cantidade de datos incluída. A principal novidade está no bono de 3 euros diarios con 1 GB, que permite utilizar datos en numerosos destinos nos que ata agora o custo do roaming podía ser considerablemente superior.
Estas son as principais opcións:
| Bono | Datos | Destinos | Prezo |
|---|---|---|---|
| Bono Viaxe Diario Zona 6 (1 GB) | 1 GB/día | Arxentina, Brasil, Canadá, Colombia, Ecuador, México, Perú, Panamá, Uruguai, Xapón, Xordania, Malasia, Tailandia, Indonesia, India, Vietnam, Arxelia, Qatar, Túnez, Pakistán, Exipto, Albania, Serbia, Montenegro e Xeorxia. | 3 €/día |
| Bono Viaxe Diario Zona 3 (1 GB) | 1 GB/día | Arabia Saudita, Azerbaián, Chile, China, Bolivia, Costa Rica, República Dominicana e Hong Kong | 5 €/día |
| Viaxe Diario EEUU* | 3 GB/día | Estados Unidos, Hawai e Alasca | 3 €/día* |
| Viaxe Mundo Zona 2 (2 GB) | 2 GB/día | Afganistán, Andorra, Anguilla, Antigua, Antillas Holandesas, Armenia, Aruba, Australia, Barbados, Bermudas, Bonaire, Bosnia, Brunei, Camboya, Camerún, Curasao, Dominica, El Salvador, Filipinas, Ghana, Granada, Guatemala, Guyana, Haití, Honduras, Islas Caimanes, Islas Fidji, Islas Turquesas y Caicos, Islas Vírgenes Británicas, Israel, Jamaica, Kazajistán, Kenia, Lesotho, Macao, Macedonia, Marruecos, Mozambique, Nauru, Nicaragua, Nueva Zelanda, Palestina, Papúa Nueva Guinea, Paraguay, Puerto Rico, República Democrática del Congo, República Popular de Benín, Rusia, Samoa, San Cristóbal y Nieves, San Vicente y las Granadinas, Santa Lucía, Senegal, Singapur, Sri Lanka, Sudáfrica, Surinam, Tanzania, Tonga, Trinidad y Tobago, Vanuatu. | 15 €/día |
Estados Unidos ten un bono específico
O caso dos Estados Unidos é algo diferente. Vodafone xa inclúe roaming neste país en determinadas tarifas ilimitadas, segundo as condicións da compañía.
Polo tanto, o bono Viaxe Diario EEUU é para aquelas usuarias que non teñan EEUU incluído na súa tarifa e ofrece 3 GB diarios por 3 euros en Estados Unidos, Hawai e Alasca.
O bono conta ademais con renovación automática e inclúe chamadas ilimitadas baixo determinadas condicións.
A Unión Europea, Reino Unido, Suíza e Turquía incluídos sen custe
Esta renovación non modifica o funcionamento do roaming nos destinos nos que Vodafone xa o ofrece de serie. Así, as usuarias poden continuar utilizando a súa tarifa en países da Unión Europea, así como en Reino Unido, Suíza e Turquía, de acordo coas condicións de uso razoable correspondentes.
Isto significa que unha viaxe a Portugal, Francia, Italia ou Alemaña non require contratar ningún bono adicional. A diferenza chega cando o destino está fóra destas zonas, especialmente en viaxes a América, Asia ou África.
Unha alternativa ás eSIM para viaxar
A renovación da oferta chega nun momento no que as eSIM internacionais están gañando popularidade entre as persoas que viaxan, xa que permiten contratar datos para determinados países sen cambiar a SIM física. Vodafone aposta por outra fórmula: manter o número habitual e activar un bono directamente sobre a liña do cliente.
Para viaxes curtas, especialmente cando se trata de destinos nos que o roaming tradicional pode resultar caro, os novos prezos poden ser unha alternativa interesante. Iso si, Vodafone non aplica o bono directamente, se non que ten que estar previamente activo desde a app ou no servizo de atención á clientela.
En todo caso, antes de viaxar convén comprobar que roaming está incluído na nosa tarifa e que condicións se aplican ao país de destino, para evitar sorpresas na factura.
