O Fairphone 6+ preséntase mañá, con máis potencia, 12 GB de RAM e unha nova cor

A industria do móbil non acouna no verán, e un disto é Fairphone, que xa puxo data para dar a coñecer o seu próximo móbil. Será precisamente mañá, 18 de agosto, cando o fabricante neerlandés anuncie oficialmente o seu Fairphone 6+, un novo modelo que toma como punto de partida o Fairphone 6 lanzado o ano pasado.

A presentación terá lugar ás 13:00 horas (CET), polo que en Galiza poderemos seguir o anuncio a partir desa hora. A compañía confirma así os rumores que nos últimos días apuntaban a esta data.

Por agora, Fairphone non revelou todas as características do dispositivo, pero as filtracións permiten facerse unha idea bastante clara do que podemos esperar.

Un Fairphone 6 máis potente

O principal cambio do Fairphone 6+ estaría no seu interior. Segundo a información filtrada, o novo modelo abandonará o Snapdragon 7s Gen 3 do Fairphone 6 para apostar polo Snapdragon 7s Gen 4.

Trataríase, polo tanto, dunha actualización centrada no rendemento, aínda que non parece que Fairphone vaia transformar por completo o seu smartphone.

Outro dos cambios estaría na memoria RAM: o Fairphone 6+ pasaría dos 8 GB do modelo actual aos 12 GB, unha mellora que debería axudar especialmente á hora de manter máis aplicacións abertas e executar tarefas máis esixentes.

Unha nova cor azul

O Fairphone 6+ tamén estrearía unha nova opción estética: Cobalt Blue, un acabado azul cobalto que se sumaría ás cores xa disponibles no Fairphone 6.

Máis alá destes cambios, todo apunta a que o novo smartphone manterá un deseño e unhas características moi similares ás do seu predecesor.

De feito, as filtracións apuntan a que o Fairphone 6+ e o Fairphone 6 serán practicamente idénticos, máis alá do procesador, a memoria RAM e a nova cor. Iso si, haberá que esperar á presentación oficial para confirmar todos estes detalles.

649 euros? O prezo tamén sobe

Un dos aspectos que aínda non foi confirmado oficialmente é o prezo. As filtracións apuntan a un prezo de 649 euros, o que suporía 50 euros máis que o prezo de lanzamento do Fairphone 6 e 100 euros máis que o prezo ao que se comercializa actualmente este último.

A diferenza de prezo estaría xustificada principalmente polas actualizacións de hardware, especialmente polo novo procesador e o incremento da memoria RAM.

Sobre o autor

No Responses

Reply