Honor confirma detalles da gama Magic9, con batería de a´te 11.000 mAh

Honor quere que a súa próxima xeración de móbiles Magic9 non pase desapercibida. A compañía chinesa xa comezou a revelar oficialmente detalles da nova familia, que estará formada por Honor Magic9, Honor Magic9 Pro Max e unha nova Magic9 Super Edition.

A presentación oficial está prevista para o 28 de setembro na China, aínda que os tres modelos xa aparecen para reserva no mercado chinés. Antes da súa chegada, Honor revelou os deseños, cores e configuracións de memoria dos dispositivos, ademais dun dato especialmente chamativo: a serie Magic9 contará cunha batería de 11.000 mAh.

A compañía, iso si, aínda non aclarou oficialmente que modelo será o encargado de incorporar esta enorme batería. As filtracións apuntan ao Magic9 Super Edition, pero polo momento debemos tomalo como información non confirmada.

Características coñecidas dos Magic9

A familia estará composta por tres dispositivos. O Honor Magic9 Pro Max será o modelo máis ambicioso e estará dispoñible en negro, prata e verde oliva. O modelo estándar, o Honor Magic9, engadirá unha cuarta cor, Popcorn Yellow, que tamén chegaría ao Super Edition.

En canto ás configuracións, poderá chegar ata os 16 GB de RAM e 1 TB de almacenamento interno, unha combinación que o sitúa claramente na parte máis alta do catálogo.

A diferenza máis evidente estará no sistema de cámaras. Mentres o Magic9 contará coa colaboración de ARRI, a Super Edition non mostrará esta marca no módulo fotográfico.

Pero se hai unha característica que está conseguindo chamar especialmente a atención é a batería. Honor confirmou que a serie Magic9 terá unha batería de 11.000 mAh, unha capacidade extraordinariamente elevada para un teléfono intelixente. A compañía aínda non especificou oficialmente se os 11.000 mAh estarán presentes no Magic9, no Pro Max ou na nova Super Edition.

Unha filtración recente sinalaba precisamente ao Magic9 Super Edition como o modelo encargado de incorporar esta batería, polo que esta parece ser a hipótese máis probable neste momento. Con todo, haberá que esperar á presentación oficial para confirmar a distribución.

Se finalmente a Super Edition é a elixida, poderiamos estar ante un dos smartphones con maior capacidade de batería do mercado.

Sobre o autor

Reply