OPPO presentou oficialmente a nivel global os seus novos smartphones insignia, o OPPO Find X10 e o OPPO Find X10 Pro Max. Baixo o lema “Cámaras de 200MP. Fiel ao que ves”, a serie está deseñada para ser unha cámara Hasselblad True-to-Life en formato móbil e introduce avances clave tanto no hardware fotográfico coma no procesamento de imaxe.
Ademais, estrea ColorOS 17, un novo deseño con pantallas BT.2020, unha batería de 7.150 mAh e os procesadores máis recentes de MediaTek.
O primeiro sistema de triple cámara de 200 MP
A serie Find X10 estrea un sistema de cámaras de nova xeración co-desenvolvido con Hasselblad. O Find X10 conta cun sistema de dobre cámara de 200 MP, mentres que o Find X10 Pro Max vai un paso máis aló cun sistema de triple cámara de 200 MP, con esa resolución nos tres sensores traseiros:
- Ultra gran angular Hasselblad de 200 MP: sensor de 1/1,56 polgadas que capta o dobre de luz ca na xeración anterior, cun obxectivo de 124° con autofoco.
- Cámara principal Hasselblad de 200 MP con Ultra HDR: emprega o novo sensor ISOCELL HPC de 1/1,28 polgadas, desenvolvido conxuntamente por OPPO e Samsung, con tecnoloxía DeepPix para un rendemento HDR moi superior.
- Teleobxectivo Hasselblad de 200 MP: abertura f/2,1 e distancia mínima de enfoque de 10 cm, o que permite fotos máis nítidas con pouca luz e tamén funciona como cámara telemacro.
Para que este hardware resulte práctico no día a día, a serie introduce, por primeira vez no sector, a captura predeterminada a 26 MP desde o modo ultra gran angular ata o zoom de 9,9x, cun nivel de detalle moi superior á captura convencional de 12 MP e un tamaño de arquivo manexable. Para exprimir a resolución ao máximo, o modo Hasselblad Hi-Res permite tomar fotos de 50 MP ou 200 MP nas cámaras compatibles.
Ademais, o kit Teleconvertidor OPPO Hasselblad amplía as capacidades do teleobxectivo de 200 MP tanto no Find X10 como no Find X10 Pro Max. Cun aumento óptico de 3,28x, abre novas posibilidades para fotografar suxeitos afastados, desde concertos e arquitectura urbana ata fauna salvaxe.

LUMO True Image Engine: fotos fieis á realidade
A serie estrea o LUMO True Image Engine, a solución de fotografía dixital de nova xeración de OPPO. Combina os últimos avances da compañía en imaxe cun enfoque máis natural do procesamento, para conservar detalles realistas, cores, texturas de pel e tons.
Entre os aspectos a destacar está unha cor máis precisa, ao incorporar unha True Color Camera de última xeración capaz de captar información de cor multiespectral máis detallada, o que permite reproducir os tons con maior precisión en calquera condición de luz.
A isto súmase unha xestión do ton, que traslada a estética do Modo Mestre de Hasselblad ao modo Foto estándar, conservando a relación natural entre luces e sombras en lugar de aclarar artificialmente toda a imaxe, algo clave en retratos a contraluz.
Por último, reduce o aumento excesivo da nitidez, a redución de ruído e os detalles xerados por IA, para preservar mellor a textura auténtica captada pola cámara, conseguindo un nivel de detalle máis moderado.

Vídeo profesional en calquera distancia focal
A serie Find X10 tamén dá un salto cualitativo na gravación de vídeo.
- Find X10: 4K a 60 fps en todas as cámaras traseiras, e 4K a 120 fps e 8K a 30 fps na cámara principal e no teleobxectivo de 200 MP.
- Find X10 Pro Max: 4K a 60 fps, 4K a 120 fps e 8K a 30 fps nos seus tres sensores de 200 MP.
No Find X10 Pro Max, a tecnoloxía DeepPix da cámara principal ofrece ata 17 pasos de rango dinámico, reservando máis información en luces e sombras. Para fluxos de traballo profesionais, a serie é compatible con Dolby Vision, O-Log2 con certificación ACES e, por primeira vez nun dispositivo OPPO, Open Gate Capture, que aproveita toda a área do sensor para captar un encadre máis amplo e facilitar o reencadre e o recorte en posprodución.
Deseño refinado, pantallas BT.2020 e gran durabilidade
A serie mantén a liña de deseño premium da gama Find X, cun deseño sen biseis e un cristal esculpido dunha soa peza que flúe de forma continua cara ao módulo de cámaras.
Comercialízase en diferentes acabados, en concreto o Find X10 en Glacier Blue, Glow Coral e Mist Grey e o Find X10 Pro Max en Titanium Grey e Luna White. Este último, inspirado nas cámaras clásicas, combina unha LUMO Camera Island en ton prata, o emblemático anel laranxa mate de Hasselblad e un acabado bicolor.

En durabilidade, conta con certificacións IP66, IP68 e IP69 fronte á auga e ao po, e coa certificación SGS Five-Star Drop Resistance de resistencia a caídas.
No que ten a ver coas pantallas, o Find X10 leva un panel compacto de 6,59 polgadas e o Find X10 Pro Max un de 6,78 polgadas, ambas con biseis simétricos ultradelgados. Os dous admiten taxa de refresco adaptativa LTPO de ata 144 Hz., un brillo máximo de 3.600 nits e certificación Dolby Vision, así como redución do brillo ata 1 nit e modulación PWM de alta frecuencia de ata 3.840 Hz, para axudar a reducir o parpadeo visible.
Grazas aos materiais OLED de última xeración, ambos se sitúan entre os primeiros smartphones do mercado en admitir o espazo de cor BT.2020, que cobre arredor dun 40% máis de gama cromática ca o estándar DCI-P3 e é unha referencia na industria do cine.

Ambos os modelos integran unha batería de silicio-carbono de 7.150 mAh, que se traduce en ata dous días completos de uso típico, ata 5,8 horas de gravación continua en 4K a 60 fps e ata 24 horas de streaming de vídeo ininterrompido. A carga é rápida por cable SUPERVOOC de 80W e inalámbrica AIRVOOC de 50W.
En canto ao procesador, o Find X10 emprega o MediaTek Dimensity 9600M de 3 nm, mentres que o Find X10 Pro Max dá o salto ao Dimensity 9600 Pro de 2 nm. Os dous incorporan sistemas de disipación térmica por cámara de vapor para manter o rendemento ante calquera esixencia.
ColorOS 17: máxima fluidez e IA a nivel de sistema
A serie estrea ColorOS 17, con máis fluidez e funcións de IA máis intelixentes. O novo Living Flow Design fai as interaccións máis naturais, continuas e receptivas, cos efectos Luminous Effect, Fluid Motion e Flexible Feedback.
Como motor desta experiencia traballan o Luminous Rendering Engine e o Laminar Flow Engine. En comparación con ColorOS 16, OPPO afirma que a estabilidade na apertura de apps aumenta un 55%, as miniaturas da Galería cárganse ata un 50% máis rápido no primeiro arranque e o sistema pode manter activas máis dun 25% máis de aplicacións en segundo plano.

A gran novidade en IA é AI Mind Pilot con modo axente, que permite interactuar directamente coas fotos e documentos do dispositivo mediante comandos en linguaxe natural, cruzando datos e coordinando procesos complexos: desde catalogar arquivos ou planificar itinerarios de viaxe ata crear presentacións e páxinas web. Esta función, froito da colaboración estratéxica de OPPO con Manus, combina a capacidade dos axentes autónomos de Manus coa integración nativa en ColorOS 17.
En privacidade e seguridade, a plataforma Private Computing Cloud de OPPO blinda o procesamento de IA na nube con cifrado de extremo a extremo e novos protocolos de seguridade post-cuántica.
Prezos e dispoñibilidade
A serie Find X10 está dispoñible desde onte no comercio electrónico oficial de OPPO e nas principais canles de venda, con ofertas de lanzamento activas ata o 8 de novembro:
- OPPO Find X10 Pro Max (12 GB + 512 GB): 1.799 €. Na tenda oficial inclúe un agasallo a escoller (valorado en ata 549 €) entre o Kit Teleconvertidor OPPO Hasselblad, o smartwatch OPPO Watch X3 ou a tablet OPPO Pad Neo.
- OPPO Find X10 (12 GB + 512 GB): 1.499 €. Coa oferta de primeira venda, 100 € de desconto directo, ata 1.399 €.
- OPPO Find X10 (12 GB + 256 GB): 1.399 €. Coa oferta de primeira venda, o dobre de almacenamento gratis: a versión de 512 GB polo prezo da de 256 GB.
Ao mercar calquera dispositivo da serie na tenda oficial hai ademais:
- 250 € adicionais sobre o valor taxado do dispositivo antigo, sen importar o modelo nin o seu valor.
- 15% de desconto para estudantes.
- Ofertas exclusivas para usuarios de OPPO e OnePlus.
- Opcións de financiamento sen xuros.
- 100 € de desconto adicional para quen se rexistre na tenda oficial de OPPO ao adquirir calquera modelo da serie.
