Seguramente escoitaches falar do micromecenado ou crowdfunding. Para nós, non é máis que a unión de moitas mans pequenas para manter vivo un proxecto grande: informar sobre tecnoloxía na nosa lingua.

En Mallando no Android traballamos cada día para que teñas a última hora do sector, análises detalladas, consellos personalizados e a cobertura dos eventos máis importantes. Todo isto con ADN galego. Pero medrar implica retos e, por suposto, gastos (dominios, desprazamentos a feiras, …).

Como podes colaborar? 🤝

Simplificamos o proceso para que sexas ti quen decida como axudarnos. A través do noso sistema de doazóns, tes o control total:

  • Apoio puntual: Fai unha achega única cando queiras e pola contía que precises. Toda axuda, por pequena que sexa, é un pulo enorme. Podes facelo aquí.
  • Apoio recorrente (Subscrición): Se queres axudarnos a darlle estabilidade ao blog, podes marcar a opción de “convertir en doazón periódica”. Deste xeito, apoiarasnos mes a mes sen ter que preocuparte de nada. Podes facelo aquí.

O noso consello: Para que o proxecto sexa sostible, recomendamos unha achega de 3 € ao mes (menos do que custa un café con leite e un anaco de bica!), pero non hai mínimos: calquera cantidade axúdanos a seguir premendo teclas.

Campaña Letras Galegas 2026. Activa a túa subscrición a Mallando no Android até o 31 de maio e recibirás un dominio.gal e un hosting de balde por un ano (valorado en máis de 170 €). Máis información

En calquera caso, fagas ou non unha achega, grazas por lernos. Ti fas que Mallando no Android teña sentido. Se decides dar o paso e colaborar economicamente… ficaremos ENORMEMENTE agradecidas! 🙂