Mallando no Android é un medio galego de actualidade tecnolóxica xurdido o primeiro de xullo de 2010, logo dunha experiencia previa como sección en Mallando na e-ira.

Ao longo da súa historia, o equipo humano detrás deste proxecto foi mudando, e na actualidade está formado polas seguintes persoas:

Iago Varela Martínez | @iagovarela

Editor Xefe

Cabanas, 1986. Fan de todo o que ten a ver coa tecnoloxía, os trebellos, a comunicación e a ciencia. Autodefínome como “frikiño”, e sempre estou rodeado de gadgets variados.

 

 


luis

Luis P. Castelo

Redator. Comunicación externa

Culleredo, 1987. Apaixonado do ámbito das tecnoloxías aplicadas á linguaxe e firme defensor da interdisciplinariedade e da necesidade da divulgación científica en todos os ámbitos.

 

 


alvaro

Álvaro Mouteira Souto | @alvaromsouto

Redactor. Aplicacións e operadoras

Ferrol. A miña paixón é a tecnoloxía, especialmente aquela de antes, a dos gadgets antigos que tantas alegrías nos deron (#vivaantes). Trasteo todo o que poido con calquera aparello electrónico.

 


uxioUxío Arranz | @uxioarranz

Redactor. Xogos

Berna (Suiza), 1984. Logo daquel HTC Touch co que me iniciei no mundo Android, pasaron pola miña man varios trebellos, entre eles o meu querido Autobot (LG Optimus 2X). Xogos no móbil?  A favor!

 

 


davidDavid Albela Pérez

Redactor. Software libre

A Coruña. O meu primeiro contacto coa tecnoloxía foi a través do intercambio de cartuchos de videoxogos nos recreos. Fanático de todo aquelo que teña que ver coa seguridade, a innovación e cacharrear coas novas tecnoloxías. Paso as tardes libres probando o desenvolvemento de aplicacións en Android.


vitor

Vítor Vázquez Vázquez

Redactor

Palas de Rei, 1986. Interésame case calquera tema científico – tecnolóxico, e no que se podería considerar “o meu ámbito” son un apaixonado da xeometría e das estruturas que disfruta criticando os detalles construtivos empregados no MundoReal™.

 

 


Ademais, colabora (ou colaboraron) connosco Abel Rodríguez, Alberto Ruibal, Álex Alfaya, Iago Polo, Ismael Reyes, Sebastián Barbeito e Xabier Crespo. Se ti tamén queres colaborar con este proxecto, pásate pola páxinaÚnete a nós!.