Gingerbread en breve para os Galaxy S

Como posuidor do Samsung Galaxy S debo dicir que moito vai ter que facer Samsung para que despois da gran espera á que nos someteu para actualizar a Froyo, chegue agora e nos faga crer que cando di que a mediados de abril vai a actualizar todos os Galaxy S iso vaia ocorrer de verdade.

E non o digo porque Samsung sexa unha mala empresa, que dende logo non o é, pero que sexa unha das grandes é o que fai que este tipo de cousas non se poidan permitir. Desgustos a parte, enterámonos pola web da división finlandesa que a actualización a Gingerbread estará dispoñible en dúas semanas aproximadamente, e parece ser que vai en serio pois Three, un distribuidor británico, xa se apurou a confirmar a noticia. 
Dende logo o Galaxy S é un terminal que debe seguir sendo actualizado, xa non só porque o seu software poida se non porque é un dos terminais máis vendidos na historia de Samsung o que tamén supón un compromiso con moita xente. Agora toca agardar con impaciencia que todo sexa como nos comentan.

Sobre o autor

Reply