Hoxe queremos achegarvos un divertido xogo que se chama Mr. Bean arredor do mundo, baseado na mítica personaxe que encarna o actor de Rowan Atkinson.
No xogo atopamos 10 níveis que se reparten por seis países: EEUU, México, India, UK,.. e a mécanica deste consiste en facer que Mr. Bean escape da súa patroa, a señora Wicket tentando de non bater contra ostáculos que nos atopamos polo camiño e acadando puntos que nos farán obter novas destrezas. Ademáis, Mr Bean poderá frear á patroa facéndolle trasnadas e así resultaralle máis doado escapar dela.
Se queres probar o xogo, teredes que premer nesta ligazón á Play Store. Iso si, tede en conta que custa 1,99€ e ademáis leva compras integradas durante o xogo.