Problemas nos Nexus 5X ao instalar Nougat

A recta final do ano está sendo difícil para varias empresas. Hoxe é a quenda de Google e do seu Nexus 5X. Coa chegada de Android 7.0 Nougat vía OTA a este terminal, moitas usuarias están reportando un bucle infinito de reinicios, dos que o móbil non é quen de sair nin reseteando de fábrica, nin borrando a caché.

Android Nougat

Recibidas as queixas no foros da comunidade, a respota oficial de Google chega da man dun empregado chamado Orrin comunica o seguinte:

Hey Everyone,

We understand that a very small number of users are experiencing a bootloop issue on the Nexus 5X. We are continuing to investigate the situation, but can confirm that this is strictly a hardware related issue. For those of you that are currently experiencing this, please contact your place of purchase for warranty or repair options.

We’re sorry for the inconvenience and appreciate your continued patience.

Todo apunta que que é un problema de hardware acontecido despois da actualización co que non queda outra que recorrer ao servizo técnico, cos problemas que supón para usuaria. Falamos de problemas, pois a comercialización deste terminal non adoita ser en tenda e proceso de cambio pode tardar uns días, non por atopar problemas na sustitución do terminal, despois de que Google recoñeza o problema.

Sobre o autor

Reply