Vodafone presenta as Smart TAB III de 7 e 10 polgadas

175505_lo

Vodafone vén de poñer no mercado dúas novas tablets, a terceira evolución da súa liña de marca blanca Smart Tab, composta por sendos modelos de 7 e 10 polgadas, e caracterizadas por incluír conectividade WiFi + 3G a prezos moderados.

Ambos dispositivos, fabricados por Lenovo, son nesta edición máis delgados e lixeiros, compartindo a meirande parte das características técnicas, que pasan por un procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 GB de memoria RAM, 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD, cámara de 5 megapíxeles e Android 4.2 Jelly Bean como versión do sistema operativo. As diferenzas atopámolas no tamaño da pantalla e na resolución da mesma: a de 7 polgadas ten unha resolución de 1024 x 600 (170ppp), mentres que na de 10 polgadas é de 1280 x 800 (15 ppp).

175487_lo

En canto a prezos, a Smart Tab III de 7 polgadas véndese por 6 €/mes ao contratar un plan de Internet móbil 1 GB (10 €/mes) ou 3 €/mes se se escolle Internet móbil 10 GB (45 €/mes), mentres que a Smart Tab III  de 10 polgadas poderá adquirirse por 9 ou 6 €/mes dependendo de cal desas dúas tarifas se escolla.

Sobre o autor

Reply