Novo trailer de Silent Ops, outro xogo de acción que vén pisando forte

Se che gustan os xogos de acción está atento, porque en breve teremos entre nós un dos grandes, Silent Ops, que xa quenta motores co trailer que puidéchedes ver máis arriba.
O xogo, que xa está dispoñíbel para iPhone, aúna misterio e acción a partires do fondo da historia, un grupo de malfeitores que traballa nun laboratorio argallando como clonar seres humanos, mentres que tres axentes deben intentar abortar que iso suceda.
Cada un destes axentes é experto nunha disciplina. Así John Oaks é bo no combate corpo a corpo, Yuri Sokolov é un exfrancotirador dos corpos de élite e Nicole Loiseau é a repanocha cos vehículos e a tecnoloxía.
Así que nada, se queredes disfrutar desta aventura debedes agardar un pouco e permanecer atentos a Gameloft

Sobre o autor

Reply