Xa se pode descargar a actualización a Gingerbread para as HTC Desire

Despois do culebrón que vivimos co tema da actualización a Gingerbread das HTC Desire, por fin hoxe está dipoñíbel, aínda que non se trata da versión final nin chegará aos terminais vía OTA como acontece habitualmente coas actualizacións do fabricante.
Como xa anunciaran dende HTC, para actualizar este terminal tiveron que facer unha versión “capada” de Gingerbread, eliminando algunhas aplicacións.
É importante saber que ao instalar esta actualización borranranse todas as personalizacións (incluíndo as aplicacións que lle teña metido o operador se fose o caso), os fondos de pantalla… pero tamén información personal como mensaxes, correos ou contactos (non se os tedes na conta de Google).
Como dixemos ao comezo, non se trata dunha versión final, senón pensada para desarrolladores, polo que se non estades seguros recomendamos que agardades á versión final.
Podedes descargar a actualización dende aquí.

Sobre o autor

Reply