Xa hai vídeo promocional e especificacións da Asus Transformer Prime (Transformer 2)

Xa había moitos “rumores confirmados” de que habería evolución do Asus Eee Pad Transformer, a tablet estrela de Asus. Mais agora xa podemos falar de especificacións confirmadas e un vídeo promocional.

Comezando polas especificacións, dicir que contará con pantalla de 10 polgadas e un grosor de 8,3 mm. O seu procesador é de catro núcleos Tegra 3 Kal-el e dispón de 2 portos USB, 1 HDMI e ranura para microSD. Por suposto, virá con Ice Cream Sandwich 🙂

E agora, o vídeo:

Que tal pinta vos ten? Será presentado o 9 de novembro, así que xa non queda nada para sabelo todo! 

Sobre o autor

Reply