Así resiste a pantalla dun Galaxy Nexus as raiaduras

Este é o típico vídeo no que algún aventureiro ou aventureira tira o seu móbil ou faille calquera outra cafrada para ver como responde, mentres os espectadores sufrimos e desexaríamos ter o terminal para usalo nós.
Neste caso estamos ante un Galaxy Nexus e unha proba de resistencia a raiaduras de chaves. Aínda que pareza que este exemplo é un tanto esaxerado, imaxinade que podería pasar ao levar o móbil no mesmo peto que as chaves.

Sobre o autor

Reply