Hoxe ponse oficialmente á venda o Motorola Razr

O Motorola Razr, ademais de ter un nome de difífil pronunciación, tamén é un dos smartphones Android máis potentes que se teñen presentado nos últimos tempos, e que combina tamén un coidado deseño, acadando os 7,1 mm de grosor, como contamos nesta outra entrada na que explicamos as súas características técnicas.
Hoxe ponse á venda en España, cun prezo oficial de venta libre de 599 €, na espera de que saian plans de subvención con diferentes operadoras. De todos os xeitos, é posíbel conseguilo máis barato, como xa vos comentamos hai uns días.

Sobre o autor

Reply