LG Optimus Max, o novo terminal 3D de LG chega a Europa

Unha das bestias Android do ano pasado foi sen lugar a dúbidas o Optimus 3D de LG, aínda que foi un terminal que non acadou unha cifra moi elevada de ventas. A evolución do mesmo foi presentada, sen grandes eventos, durante o Mobile World Congress deste ano. Chámase Optimus 3D Max e chega agora a Europa, aínda que non se concretan datas para o seu lanzamento en España.
Das súas características, ademais do 3D, destacan:
  • Procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz.
  • Pantalla de 4,3 polgadas con Gorilla Glass 2
  • Memoria: 8 GB interna, 1 GB de RAM e soporte para microSD até 32 GB
  • Dobre cámara de 5 MP, dianteira VGA
  • Batería de 1520 mAh
  • HDMI, DLNA, NFC
Sairá ao mercado con Gingerbread (2.3) actualizábel a Ice Cream Sandwich (4.0); neste sentido agardamos que LG se comporte mellor no tema das actualizacións que co seus predecesores da gama Optimus do 2011.

Sobre o autor

Reply