LG, Record Guinness ao valado publicitario máis grande do mundo

valado lg

A ninguén se lle escapa que o LG G3 é un dos mellores teléfonos do ano, un trebello que está facendo moito por aumentar as cifras de venda da compañía. Porén, coa competencia tan grande que hai, calquera campaña publicitaria é pouca para estar entre os primeiros.

Quizais por iso LG vén de bater un World Guinness Record un tanto peculiar: ter o valado publicitario máis grande do mundo. Está situado no aeroporto King Khalid International Airport, en Aurabia Saudi, e mide 243 metros de largo por 13 de alto, uns 3160 m^2.

A súa colocación é estratéxica, pois pódeno ver todos os pasaxeiros dos voos que saen ou chegan a dito aeroporto, arredor de 20 millóns ao ano, polo que o beneficio estimado pola compañía con esta campaña é de arredor de 25 millóns de dólares.

Curioso, non?

Vía

No Responses

Deixa un Comentario