Mininovas Android: a malla da semana

Xiaomi mi5 filtrado

xiaomi-mi5

Xiaomi vai empezar o ano cun novo smartphone no seu catálogo, o mi5. Entre as súas especificacións estarían unha pantalla de entre 5,5 e 5,7 polgadas con resolución QuadHD, procesador SnapDragon 805 e 3 GB de RAM, aínda que o máis destacado é o seu deseño con marcos practicamente inexistentes.

Vodafone aumenta os megas na tarifa yu máis básica

A partir do 13 de xaneiro tanto as novas clientes como as actuais da tarifa Yu máis básica (10 €/mes en prepago) aumentarán de 600 a 800 os MB incluídos a máxima velocidad, tras os cales se reduce a 32 Kbps a menos que se renove a tarifa. Ademais, mantéñense os 20 minutos para chamadas e 20 SMS habituais da tarifa.

Especificacións do Huawei Ascend P8 filtradas

Outro trebello filtrado, a escasos días da súa presentación no CES que comeza este luns foi o Huawei Ascend P8. Aínda que non temos unha imaxe do mesmo, algunhas fontes apuntan a un dispositivo de pantalla de 5,2 polgadas, cámara traseira de 13 megapíxeles e procesador Hisilicon Krin 930 con arquitectura de 64 bits. O seu prezo rondaría os 390 euros.

Sobre o autor

Reply