Como ocultar arquivos de Whatsapp

Como moi ben sabemos a estas alturas, cada día temos máis e máis contido persoal no noso terminal e no caso de perdelo ou amosar unha foto a xente coa que temos menos confiaza, podemos estar compartindo con elas outras imaxes que non nos apetece e atoparnos cunha situación un pouco incómoda. Non imos poñer o exemplo de agocharlle cousas á parella que iso está moi moi feo.

Para estes casos nos que non desexamos ter todo á vista e cubrirnos ante situacións imprevistas, queremos compartir un pequeno truco co que facer isto de forma predeterminada no Whatsapp.

O primeiro que temos que ter no noso terminal é un xestor de arquivos para navegar polos cartafoles do nosos smartphone con total liberdade. Unha boa opción pode ser Es File Explorer ou Astro.

Unha vez que temos isto, imos ao cartafol onde Whatsapp garda todo o contido multimedia seguindo a ruta /Whatsapp/Media/. Neste punto creamos un arquivo chamado .nomedia co que todo o contido do cartafol quedaría oculto da galería, pero visible dende o explorardor de arquivos.

es file ocultar 02

Se queremos volver a ter todo ese contido á vista, temos que borrar o arquivo .nomedia creado. É posíbel que non vexamos este arquivo porque está agochado e para velo só temos que buscar nas opcións do noso explorador e facer visíbeis este tipo de arquivos.

es file ocultar 01

Logo imos ao menú de axustes – aplicacións – todas – almacenamento multimedia (ou de medios) e borrar os datos.

es file ocultar 03

Neste momento veremos a galería baleira (pero tranquilos, todo está ben), logo do cal precisamos un reinicio do terminal. Co reinicio feito e pasados uns minutos teremos acceso de novo a todo o contido da galería.

O truco parécenos bo pero sabemos que o único que pode botar para atrás e o proceso para volver facer visíbeis aqueles arquivos que por calquera circunstancia tivemos que agochar, pois é un pouco lioso.

Que pensades vós, pode resultarvos útil este truco?

Sobre o autor

Reply