Huawei filtra o reloxo con Android Wear que presentará mañá no MWC

A través dun vídeo subido á súa canle de YouTube, Huawei vén de filtrar o seu primeiro smartwatch, que será presentado oficialmente nun evento de prensa programado para mañá despois de comer. Falamos do Huawei Watch.

huawei watch

Aínda que as súas especificacións non foron dadas a coñecer, semella que estará na liña do resto de reloxos Android Wear en canto a hardware. Porén, o que si é relevante é o seu deseño, con esfera completa semellante á opción elixida por LG, e con único botón, que o fai especialmente fermoso.

huawei watch 2

Haberá tres acabados, en negro, prata e ouro, aínda que as combinacións multiplícanse coa posibilidade de intercambiar as correas con calquera estándar de 22 mm.

Mañá saberemos todos os detalles deste novo reloxo e do resto de trebellos que presentará Huawei, entre os que estará unha pulseira intelixente, tamén confirmada pola compañía nestes días previos.

Sobre o autor

Reply