O Google Campus visita Vigo este mércores

google campus

Este mércores, 14 de maio, á tarde o equipo do Google Campus Madrid visitará Vigo para presentar as actividades e oportunidades para o emprendemento que supón este novo espazo creado por Google na capital do Estado.

O evento terá lugar no Círculo de Empresarios de Galicia (R/ García Barbón 62) ás 18.30h, e contará coa presenza de Sofía Benjumea, directora de Campus Madrid (Google for Entrepreneurs) e José Iglesias, director europeo de UP Global. Está previsto ademais que a partir das 19.30h haxa tempo para o networking.

Deixa un Comentario