O GDG Vigo organiza o Mobile Day Galicia o 4 setembro

Mobile Day Galicia - 1

O Grupo de Desenvolvedores de  Google de Vigo (GDG Vigo) ten preparada unha xornada de actividades para o vindeiro 4 de setembro baixo o nome de Mobile Day Galicia.

Dentro do programa de actividades atopamos un total de 7 palestras que comezan ás 15h, con diferentes expertos en Android e HTML5 que se resumen na seguinte imaxe.

Mobile Day Galicia - 2

Así mesmo, tamén poñen en marcha un hackatlón que, a diferenza de ocasións anteriores, comezará 48 horas antes. Esta actividade ten como obxectivo que as participantes creen algunha aplicación para trebellos (Android, iOS…), optando a diversos premios, como un Nexus 7 (2013) ou un LG G Watch.

A cita terá lugar o 4 de setembro, desde as 15h, no Círculo de Empresarios de Vigo.

Máis información.

Sobre o autor

Reply