Científicos crean un cargador sen fíos universal

Antes de que o cargador microUSB se fixese universal (agás Apple, of course), cada teléfono tiña o seu propio, o que dificultaba calquera compatibilidade entre eles. Agora, a popularización dos sistemas de carga sen fíos está a provocar algo semellante, ante a aparición de diferentes alternativas (Qi, Rezence, Powermat…) e a inexistencia dun estándar común.

Para resolver este inconvinte unha serie de científicos americanos veñen de construír un cargador universal, que pode operar en dúas frecuencias diferentes mantendo a eficiencia de carga. Isto é importante porque o sistema Rezence opera nos 6,78 MHz, mentres que as alternativas de Powemat e o Qi na dos 200 KHz.

cargador universal - 1

O resultado é o aparello das fotografías, unha serie de bobinas moi rudimentarias que, como se ve na imaxe, poden traballar a esas dúas frecuencias a un tempo. Segundo din, poden cargar dous smartphones de marcas diferentes (e sistemas diferentes) cunha eficiencia entre o 70 e o 80 %.

Como concepto a idea non pinta mal. Agora só falta que algún fabricante se interese por algo así e o implemente nos seus cargadores comerciais. Podes ver máis info aquí.

Sobre o autor

Reply