O Apalpadroid deséxavos Boas Festas!

Un ano máis tiramos do Apalpadroid para desexarvos unhas Boas Festas. O Apalpadroid é o irmá xemelgo do Apalpador, xa sabedes, o carboeiro que baixa das montañas do Courel nas noites do 24 e 31 de decembro para ir visitando ás pícaras e pícaros, a quen lles toca o ventre para ver se comeron abondo durante todo o ano e deixarlles unha presa de castañas xunto a algún que outro agasallo.

O Apalpadroid é menos coñecido, pero ao tempo moito máis frikiño, coma nós. O Apalpadroid baixa da nube de Google nas noites do 24 e 31 de decembro e vai polas casas de toda Galiza mirando os trebellos de frikiñas e frikiños para ver se foron fideis a Android. De ser o caso, igual deixa algún que outro trebello novo ou un accesorio co que xogar durante o 2016. Ai, pero que non atope un iPhone ou unha Blackberry! 😉

Apalpadroid

Así pois, agardamos que teñades unhas Boas Festas na compaña da vosa xente. E, se pode ser, que vos caia algún que outro agasallo friki. Xa nos contaredes!

Equipo de Mallando no Android

Sobre o autor

Reply