Mininovas Android: a malla da semana

Suiza tamén aposta polo cargador universal

Nokia-N1-usb 02

Xuño de 2017 é a data estimada polas autoridades suizas, para que todos os cargadores móbiles compartan o mesmo estándar e así non ter necesidade de estrear cargador con cada móbil que merquemos. Ademáis a día de hoxe, moitos fabricantes xa non inclúen nos paquetes de venta, un cargador se non que só inclúen un cable USB.

Suiza súmase así á data proposta pola UE que afectará a todos os páises da Unión.

New York aposta polas estacións Wifi

new york wifi

Canto fai que non usades na rúa unha cabina de teléfonos? Imaxinamos que seguindo este razonamento, New York comezou a sustituir as tradicionais cabinas por estacións Wifi que nos permitirán conexións de até 1 GB/s, cargar os nosos gadgets, navegación web e mesmo chamadas teléfonicas, de xeito gratuíto para as chamadas dentro do país.

Para que este servizo sexa gratuito, estas novas estacións teran dúas pantallas de 55″ onde se amosará publidade que aportará os ingresos que se precisan.

Cando veremos unha iniciativa así no noso país?

Google achega aos nosos fogares o British Museum

british museum

Xa podemos percorrer de xeito virtual o British Museum dende o Google Cultural Institute ademáis de ter acceso a algunhas coleccións. Todo o que podedes atopar, está a só un clic nesta ligazón.

Samsung Galaxy S7: 3 tamaños, 4 modelos e presentación o 20 de febreiro en Barcelona?

galaxy s7 rumor tamaños

Comezan a dispararse os rumores sobre o Samsung Galaxy S7, o buque insignia de Samsung para o 2016. Segundo as últimas informacións, podería ser presentado o 20 de febreiro en Barcelona, apenas dous días antes de que comece o Mobile World Congress.

Ademais, dise que chegará en 3 tamaños de pantalla diferente (5,1, 5,5 e 6 polgadas), para adaptarse aos diferentes gustos das usuarias, e catro modelos diferentes:

  • Samsung Galaxy S7 (5,1 polgadas, pantalla normal)
  • Samsung Galaxy S7 Edge (5,5 polgadas, pantalla curva)
  • Samsung Galaxy S7+ (6 polgadas, pantalla normal)
  • Samsung Galaxy S7 Edge+ (6 polgadas, pantalla curva)

Un sacerdote foi suspendido logo de…

Semella que á institución non lle van os trebellos modernos, e decidiu suspender durante un tempo a este cura filipino por percorrer a igrexa cun hoverboard durante o oficio relixioso. Eles mandan, faltaba máis, pero xa podían ser un pouco máis frikiños 😉

No Responses

Deixa un Comentario