Google Home, o asistente de Google para as nosas casas

A keynote inaugural do Google I/O 2016 deixounos varias novidades, entre elas o lanzamento de Google Home. Trátase dun trebello deseñado para os nosos fogares co que Google quere plantar cara a Ello, a alternativa do xigante Amazon.

A principal característica de Google Home é que elimina a necesidade das interaccións físicas, dado que funciona a través de ordes de voz coas que podemos (ou máis ben, poderemos) facer de todo, desde pedirlle que reproduza unha listaxe de música en Spotify até mandarlle apagar as luces nun determinado espazo na casa.

google home

Google Home mantense always-on e en escoita, e será a combinación de palabras “Ok Google” a que o esperte. É unha secuencia que xa coñeciamos de Google Now e a ferramenta de procura na web do buscador. Porén agora o nivel de asistencia vai máis aló grazas a Google Assistant, outra das novidades presentadas esta tarde, evolución do Google Now con aínda máis intelixencia.

google home - 2

O novo trebello é compatíbel con altofalantes, multitude de sensores (para facer un fogar máis intelixente) e, por suposto, con Chromecast. Grazas a isto poderemos pedirlle que poña na televisión algún contido que nos interese ver rapidamente.

Do que non falou Google é da súa dispoñibilidade, polo que imaxinamos que aínda tardará unhas semanas en poñerse á venda. Que vos parece?

Máis info: home.google.com

No Responses

Deixa un Comentario