Pokémon Go: adestramentos máis doados nos ximnasios e medallas útiles

pokemon-go-ximnasios

Foron moitas as xogadoras que abandonaron Pokémon Go tras o boom veraniego, mais o certo é que o xogo segue tendo millóns de usuarias activas, ao tempo que, a unha velocidade inferior á que moitas desexaríamos, Niantic vai facendo pequenas actualizacións para incorporar varias das funcionalidades prometidas.

Mentres agardamos polas máis demandadas, o intercambio de Pokémons e as liortas entre entrenadoras fóra dos ximnasios, chegan un par delas que tamén teñen a súa importancia: melloras nos adestramentos nos ximnasios e novos usos para as medallas.

Adestrar Pokémons será máis doado

Os adestramentos nos ximnasios do noso equipo son fundamentais en Pokémon Go. Ademais de servir para facernos oco e poder cobrar moedas para gastar en melloras do xogo tamén serven para descubrir como podemos pelexar para gañar ximnasios rivais.

A próxima actualización do xogo facilitará as tarefas de adestramento, permitindo seleccionar até seis Pokémons que teñamos na nosa Pokédex para o adestramento, ao tempo que baixarán temporalmente as puntuacións dos Pokémon do ximnasio para adaptarse aos que queiramos adestrar, algo moi interesante sobre todo para as xogadoras máis novatas.

Algunhas medallas terán utilidade real

Por outro lado, as medallas, esas insignias que se nos outorgan por capturar tipos específicos de Pokémon, visitar un número determinado de Poképaradas ou percorrer quilómetros deixarán de ser algo do que presumir no noso perfil e terán algún uso real.

pokemon-go-medallas

Nunha próxima actualización os níveis bronce, prata e ouro servirán para ter un bonus que equivale a +1, +2 ou +3, e que significará ter unha maior probabilidade de capturar Pokémon de cada tipo. É importante lembrar que para acceder a elas é preciso capturar, respectivamnte, 10, 50 ou 200 Pokémon de cada tipo, polo que deberíades poñervos xa mans á obra.

Sobre o autor

Reply