Xa podemos emitir vídeo en directo desde Twitter

O vídeo en directo está de moda desde hai xa un tempo. Boa mostra diso é que, aos poucos, as redes sociais ‘tradicionais’ foron engadindo esta característica ás súas aplicacións. Algúns exemplos son YouTube, Facebook e Instagram, aos que agora vén de sumarse Twitter.

En realidade, Twitter xa estaba a ofrecer esta funcionalidade a unha parte das usuarias, concretamente ás que posuían unha conta verificada, mais hoxe anuncian que deixa de ser unha característica exclusiva e pasa a estar habilitada para todas as contas.

O funcionamento desta nova opción de Twitter, polo de agora exclusiva da aplicación oficial, non podería ser máis sinxelo e intuitivo: basta con iniciar a creación dun tweet, premer o botón de cámara e activar a opción LIVE para entrar en directo.

Haberá que pasa agora con Periscope, a aplicación de vídeos en directos máis popular na rede de microblogging, que tamén é propiedade de Twitter, A curto prazo semella que vai manterse como está, pois hai unha serie de usuarias moi activas en Periscope que non usan Twitter, mais o certo é que antes ou despois acabará desaparecendo.

Play Store | Twitter

 

Sobre o autor

Reply