Ximnasio dos Verbos, unha app para mellorar o noso galego

Ben coñecido é por todas a dificultade de falar un idioma correctamente, con todos os seus matices e peculiaridades. Por iso hoxe queremos falarvos de Ximnasio de Verbos, unha aplicación centrada na alternancia vocálica e os verbos irregulares do galego.

Como podedes ver na captura, a aplicación comeza cunha pequena introducción dos obxectivos que persegue. Se premedes nas tres liñas da parte superior esquerda, chegades a un menú que ten 4 fases principais: procurar, trucos, adestramento e xogos.

Cada fase ten unha razón de ser. Nun primeiro momento é preciso reforzar a nosa base teórica para pouco a pouco a base de exercios prácticos, chegar ao “exame” final para comprobar os progresos realizados.

Para completar aínda máis o aprendizaxe, a app ten a posibilidade de escoitar como soan certas palabras que poden levar a confusión pola presenza na linga de vocáis abertas e pechadas. Con só premer na palabra, saltará unha locución coa pronuncia axeitada.

Ximnasio de verbos é unha aplicación de desenvolvemento galego froito do traballo docente de Gabriel Pérez Durán e Óscar Rivas González para o Romanisches Seminar da Universität Heidelberg, en Alemaña.

Se estades interesadas nesta app, podédela descargar de balde premendo nesta ligazón á Play Store. Tede en conta que é una beta, polo que o funcionamento pode non ser correcto.

Sobre o autor

Reply