Fíltranse os Moto E4 e Moto E4 plus

Tras a renovación da gama Z, a Lenovo véñense de filtrar dous novos modelos, os Moto 4 e a versión “plus” deste, o Moto E4 Plus. Ambos trebellos supoñen unha importante renovación do modelo máis básico da serie “Moto”, pensado para as persoas que non queren gastar demasiado nun móbil.

O Moto E4 está construído en metal e vén equipado cunha pantalla HD de 5 polgadas, procesador MediaTek e 2 GB de memoria RAM. A memoria interna será de 16 GB, ampliábeis mediante tarxeetas microSD, e a batería de 2800 mAh decapacidade. En canto ás cámaras, a principal será de 8 megapíxeles.

Moto E4 Plus

Por outro lado, o Moto E4 Plus será unha versión moi semellante ao E4 estándar, aínda que con pantalla de 5,5 polgadas, mantendo iso si a resolución HD. A memoria RAM sube até os 3 GB e a cámara principal até os 13 megapíxeles. Porén, o aspecto que máis chama a atención é a a súa batería de 5000 mAh

Ambos os dous levarían, atendendo a estas imaxes filtradas, lectores de pegadas dixitais na parte frontal do dispositivo, confirmando que esta é unha característica cada vez máis universal.

Nas próximas semanas Lenovo fará a presentación oficial destes trebellos, e por fin poderemos saber con detalle todas as súas características, prezos e a data de dispoñibilidade.

Sobre o autor

Reply