Así será a nova carga rápida de Huawei

Lembrades cando falabamos dos días de carga que tiña o noso móbil? Van moitos anos, e daquela era importante ter un terminal con catro días, cinco ou mesmo unha semana de autonomía. Porén, hoxe o conto cambiou moito, e temos que falar de horas ou xornadas de uso.

É evidente que tampouco os terminais de hoxe son os de antes, xa que hoxe en día son moitas máis as cousas que podemos facer con eles, teñen unha potencia moi superior á que teñen moitos ordenadores e, sobre todo, unhas pantallas xigantes que ademais son táctiles, polo que consumen moitísima máis enerxía.

Por iso agora, cando falamos de autonomía, xa non prestamos atención aos días que temos, senón a como de rápido pode ser o noso terminal á hora de cargar a batería. E por iso temos que falar de Huawei hoxe, xa que o xigante chinés comentou algunhas das características do próximo sistema de carga que implementará nalgúns dos seus terminais.

A nova SuperCharge de Huawei chegará aos 40W de potencia máxima por cable, e aos 15 W de forma inarámica. Se ben estas cifras poden non dicir moito á maioría, cómpre saber que a anterior versión de carga rápida permitía cargas a 22 W por cable e 10 W sen eles. É dicir, cargando por cable a 40 W contarán cunha entrega de 10 V e 4A, superando así case nun 50% á versión anterior de SuperCharge. Así mesmo, o novo sistema tamén soportará potencias de 10W (5V2A) e 18W (9V2A).

En resumo, Huawei ten moi en conta os cambios de usos dos terminais desde fai un tempo, e aposta por reducir os tempos de carga, e así non quedar tirados en case ninguha circunstancia apostando por tempos de carga moi interesantes. Verémolo xa no próximo Mate 20? 🙂

Sobre o autor

Reply