O Market web actualízase: mellórase a puntuación dos usuarios

A puntuación dos usuarios é un factor relevante para moitos que andamos na procura de aplicacións a través do Android Market, xa que ás veces existen múltiples opcións que fan o mesmo con pequenas variacións ou non se cumpren exactamente as especificacións que se comentan na descrición.
Conscientes disto, dende Google veñen de habilitar unhas barras para mellorar a visualización das puntuacións das aplicacións, como a do exemplo de arriba, que facilita as cousas, non vos parece?

Sobre o autor

Reply