100 MB por cada 10 euros de recarga con Suop Móvil

Un dos xeitos máis básicos de fidalizar a clientela que teñen as operadoras é o agasallo, ben sexa en forma de descontos ou de pequenos agasallos físicos. A operadora comunitaria Suop Móvil vén de sumarse a este tipo de promocións cunha orientada exclusivamente ás súas usuarias, que poderán disfrutar de megas gratis coas recargas.

A mecánica da promoción é moi sinxela: por cada recarga de 10 euros recargaranse 100 MB de navegación que as usuarias poderán disfrutar para navegar desde o seu móbil, válidos durante os 30 días posteriores á recarga. Ademais estes megas promocionais son acumulábeis, polo que se facemos unha recarga de 20 euros recibiremos 200 MB, e así sucesivamente.

Hai que ter en conta que se dispomos de megas no bono que teñamos contratado primeiro consumiremos estes e logo os promocionais. Ademais, poderemos disfrutar dela unicamente até o 31 de maio para as recargas feitas a través da web

Sobre o autor

Reply