A finais da semana pasada Yoigo anunciou o lanzamento dunha nova tarifa “Sinfín”, que se incorpora tanto ao catálogo de ofertas “só móbil” como aos produtos converxentes que levan móbil e fibra. Trátase dun plan que inclúe 7 GB de datos e chamadas ilimitadas por 26 euros ao mes, 6 euros menos que a opción máis chamativa da marca, con 25 GB de datos.
Esta nova tarifa, que vén a sustituír a opción anterior con 5 GB de datos por 25 € ao mes, tamén está dispoñíbel para as usuarias converxentes. Así, por 53 euros ao mes pódese disfrutar de 50 Mbps fixos con chamadas ilimitadas e esta tarifa de móbil. No caso de preferir 300 Mbps serían 63 euros (53 en promoción durante tres meses) e 83 €/mes con fibra de 1 Gbps.
Con esta incorporación Yoigo equilibra a oferta cunha opción intermedia para o móbil. Deste modo, a oferta de tarifas móbiles da compañía queda como segue:
- 2 GB + 100 minutos por 14 €/mes
- 5 GB + 100 minutos por 19 €/mes
- 7 GB + ilimitadas por 26 €/mes
- 25 GB + ilimitadas por 32 €/mes
Parécevos unha boa opción?