A nova televisión Xiaomi A2 está dispoñíbel no noso país cunha oferta de lanzamento que remata mañá

A nova Xiaomi TV A2 Series xa está dispoñíbel no noso país, cunha oferta de lanzamento que se extenderá até este martes, 28 de xuño, e que permitirá adquirir por 399 € o modelo de 43 polgadas, por 449 € o de 50 polgadas e por 499 € o de 55 polgadas. Posteriormente, os seus prezos serán de 449, 499 e 599 €, respectivamente.

Os tres modelos que compoñen a serie están deseñados cun marco metálico unibody apoiado nun único soporte, que destaca polo seu deseño sen límites e sen biseis, para así darlle todo o protagonismo á súa pantalla, un panel 4K Ultra HD con Dolby Vision, que ofrece unha experiencia de visualización envolvente, cun campo de visión de 178 graos.

Está equipada con sistema de son Dolby Audio, e tamén co asistente de Google incorporado, para ofrecer un control rápido dos dispositivos AIoT conectados a través do cotnrol remoto Bluetooth de 360 graos. Android TV tamén vén incorporado, ofrecendo acceso a películas e programas a través das aplicacións instaladas, como Netflix, Prime Video ou YouTube.

Ao igual ca no modelo anterior, a nova serie de televisores intelixentes de Xiaomi inclúe o Chromecast, para poder transmitir directamente desde teléfonos, tablets ou ordenadores portátiles sen conexións físicas.

Sobre o autor

Reply