Coby, un fabricante neoiorquino, presentará 5 tablets ICS en 2012

Nin unha, nin dúas… cinco tablets Android está a preparar o fabricante de Nova Iorque Coby Electronics, todas elas con Ice Cream Sandwich, e que verán a luz ao longo do 2012.
Con este amplo e variado abano pretenden que cada usuario dispoña dunha tablet adaptada as súas necesidades, aínda que todas elas con prezos moi competitivos.
Por tamaños, haberá de 7, 8, 9, 9.7 e 10 polgadas e terán conectividade (unicamente) WiFi, procesador de 1 GHz, 1 GB de RAM, 4 GB ou máis de memoria interna, lector de tarxetas de memoria de até 32 GB e saída HDMI.
Non nos quedará outra que agardar ao ano que vén para saber máis das especificacións de cada tablet en concreto, así como tamén dos prezos e da posibilidade de que se comercialicen tamén noutros países fóra dos EEUU.

Sobre o autor

Reply