Blackberry Messenger en Android?

Parte do éxito xuvenil de BlackBerry está ligado ao chamado BlackBerry Messenger, un servizo de mensaxería instantánea entre dispositivoss RIM incluído dentro do BIS (o BlackBerry Internet Service). Mais nun mercado como o actual, no que existe certa diverxencia (Android, iOS…), as aplicacións destinadas a un único sistema operativo non teñen moito sentido, de aí o triunfo de aplicacións multiplataforma como Whatsapp.
Pois segundo apuntan dende BGR, Blackberry podería estar a traballar en sendas aplicacións para Android e iOS (iPhone). Conseguirá facerse cun espazo na mensaxería instantánea multiplataforma? Porá limitacións ás aplicacións Android e iOS para diferenciar aos seus terminais?

Sobre o autor

2 Comments

  1. iago varela 11 Marzo, 2011 Responder
  2. xabre 11 Marzo, 2011 Responder

Reply

Deixa una resposta a xabre Cancelar a resposta