PaperToss, un xogo sinxelo pero moi entretido

Quen nunca colleu un papel estando na clase ou no traballo, e tras facer del unha bóla non o tirou á papeleira como se de unha canastra se tratase?
É inevitable, todos caemos nesa tentación, pero nestes tempos que corren o mellor vai ser aforrar papel e en todo caso reciclalo, moi responsable pero menos entretido, é por isto que vos traio Paper Toss , un xogo sinxelo e entretido a partes iguais.

O xogo ten ambientacións nunha oficina, nun aeroporto, nuns lavabos e no que parece un soto. A túa misión será meter o máximo numero de bólas de papel seguidas na papeleira tendo en conta a forza e a dirección do ventilador que hai nas habitacións. 
Unha das cousas máis traballadas do xogo é o son, pois imita a perfección todos os ruídos dunha oficina, ademais os creadores da aplicación están sempre incluíndo melloras e novos niveis, polo que nunca vos aburriredes. 
Paper Toss está dispoñible no Market de forma gratuíta e é compatible coa versión 1.5 e superiores de Android.

Sobre o autor

Reply