Probamos o Sony Ericsson x10 mini pro, que hoxe pon á venda R (@quecheparece) #mobilR

Hoxe R pon á venda un novo terminal Android, o Sony Ericsson X10 Mini Pro, un terminal de gama media que pode resultar moi interesante para o público que se queira iniciar no mundo dos smartphones da man de Android.

Non fai falla dicir que Android como sistema operativo ofrece grandes posibilidades para ter un dispositivo realmente conectado á rede, algo que vai moito máis aló de simplemente recepción do correo ou actualización de redes sociais.
Pero iso é outro tema, así que imos pasar a analizar o terminal. Como é o hardware deste teléfono? Vexámolo neste vídeo:
Ademais do dito no vídeo, comentar que o terminal é compatíbel coas redes GSM / GPRS / EDGE / UMTS / HSPA e ten ademais radio FM, AGPS e Bluetooth. Se queremos ver unha listaxe completa das especificacións técnicas podemos vela aquí.

En canto a usabilidade, hei de dicir que o teclado qwerty desplegábel resultoume unha característica moi interesante, que permite a introdución dos caracteres a bastante velocidade e cunha precisión destacábel.

A priori, a pantalla pode parecer un chisco pequena (2,55 polgadas), sensación que se nos quita nada máis despregar o teclado, xa que ao ser físico non ocupará espazo ningún na pantalla, que queda dispoñíbel para disfrutar do contido multimedia ou do que queiramos.

Inicialmente trae a versión de Android 1.6, pero xa existe actualización a Android 2.1. Esta actualización faise dun xeito bastante sinxelo conectando o terminal ao ordenador a través do software PC Companion. Esta actualización é imprescindíbel para sacarlle o máximo proveito ao terminal, xa que optimiza o hardware e engade funcionalidades como a sincronización das imaxes de contacto entre Facebook e axenda, melloras na xestión do contido multimedia, ou unha compatibilidade maior coas aplicacións do Android Market.

Os terminais de Sony Ericsson non contan cunha versión virxe de Android, senón que teñen un grao de personalización por parte do fabricante, engadindo funcionalidades e unha imaxe diferenciadora. Esta imaxe destaca por ter catro aplicacións situadas nas catro esquinas da pantalla, que facilitan o seu acceso e permanecen no sitio mentres nos movemos polos diferentes escritorios.

No seguinte vídeo que preparamos podedes ver como é o manexo do mesmo

En definitiva, trátase dun smartphone co que poderemos gozar do que significa ter un terminal Android (conectividade, milleiros de aplicacións, axuda nas viaxes…. ) inda que se quedaría curto para usuarios que busquen un terminal para executar aplicacións que empreguen moitos recursos, como xogos.
En canto a prezos, R ofréceo dende hoxe a partir de 0 €, como se pode ver na seguinte táboa (para máis info visitar a súa web).
Se queredes máis información, non dubidedes en deixarnos un comentario, un tweet ou escribirnos a android@mallando.com
Recursos

Sobre o autor

Reply