Recentemente publicamos as intencións de Google de cara ao desenrolo de proxectos co Android ADK aínda que unha das pegas era o seu prezo, preto dos 300€ fronte aos 30€ que custa o Arduino.
Aqueles que tedes un Android e por outra banda, tedes interese nos proxectos con Arduino, non perdades detalle do proxecto levado a cabo por AlexTC, en colaboración con Bricogeek, no que podemos ver un Arduino Uno controlando sensores e actuadores a través dun Nexus One. A continuación temos o vídeo demostración do proxecto:
Se vos interesa o tema non vos esquezades pasar polo blogue de bricogeek, no cal teredes unha explicación detallada de cómo levar a cabo o proxecto.
Vía: TCRobotics, Bricogeek