A Google tamén se lle escapan entradas de blogue… e filtran nova versión de Search

Se escribides un blogue é posíbel que algunha vez se vos teña escapado unha entrada non rematada… momento no que queres facer todo o posíbel por borrar o rastro… ah! pero queda o feed, así que, estás perdido.
Algo así pasoulle onte a Google, que meteu unha entrada anunciando unha nova versión dunha aplicación básica: Google Search, ou o que ben a ser a busca, pero a continuación borraron a entrada, supomos porque estarán a ultimar algún detalle.
Os cambios que se aprezan son basicamente de aspecto (pásase a tons negros, estilo Gingerbread e novas páxinas de Google), de organización de buscas por categorías ou suxerencias rexionais.
Ademais diso mellora a usabilidade, facéndose máis fluída, e estará dispoñíbel para androides 2.2 e superior. Non cremos que tarden moito en metela no Market, así que estade atentos ás actualizacións 😉

Sobre o autor

Reply