De seguro que máis dunha vez desexástedes que algunha aplicación ou xogo que disfrutades no voso Android tivese versión de escritorio para tela taén no ordenador. Isto non sempre é posíbel, pero agora ponse algo máis doado grazas a BlueStacks, un programa para Windows 7 co que poderemos facelo.
Polo de agora atópase nunha fase alpha (aínda que ben funcional e que a nós, no tempo de probala non nos deu ningún erro). A idea de funcionamento é poder sincronizar o teu smarphone ou tablet Android con Bluestacks Cloud Connect (no Market para Android 2.1 e superior) e seguir empregando as aplicacións que tes instaladas. Imaxinades todas as posibilidades que nos dá iso?
No seguinte vídeo podedes ver unha demo:
Se queredes probar BlueStacks podedes descargar a aplicación de Windows desde aquí