Tal e como fomos comentando estes días polas redes sociais, para celebrar os 200 seguidores en Facebook imos sortear un sticker de Line en forma de peluche de tamaño considerábel
Facerse cun é moi sinxelo, tan só tedes que seguir os pasos que poñemos a continuación. Pero ollo, mirade as condicións e regras do concurso.
- Ser seguidor ou seguidora de Mallando no Android en Facebook (terlle dado ao “Gústame”, se non o fixeches, faino agora!!).
- Cubrir este formulario [FINALIZADO]
Regras e condicións
- Por razóns de loxística, este concurso está limitado a territorio galego.
- O concurso remata o mércores 1 de maio ás 23.59 horas.
- O xoves 2 de maio á mañá (10 h) publicaremos listaxe de participantes, co número de participación que leva asociado cada un. Haberá de prazo até as 17 h dese mesmo día para facernos chegar solicitudes de corrección á listaxe, caso de ser necesario.
- A ou o gañador elixirase aplicando a operación matemática módulo “número do sorteo da ONCE do xoves 2 de maio” MOD “número de participantes”.
- Contactarase coa persoa gañadora por correo electrónico. De non recibir resposta nos 7 días seguintes, pasará a ser gañadora a seguinte persoa da listaxe. E así sucesivamente
- Calquera circunstancia que puidera xurdir e non esté considerada nestas bases quedará baixo a interpretación de Mallando no Android.
- A participación do concurso implica a aceptación de todas as regras anteriores.