O MIT desenvolve unha batería que multiplica por 3 a capacidade no mesmo espazo

bateria mit

A insuficiente capacidade das baterías é unha das maiores eivas dos smartphones de hoxe en día, un aspecto no que semella que os fabricantes non están a investir os seus recursos de I+D.

Porén, estes días é nova un avance do MIT que promete multiplicar por 3 a capacidade da batería empregando o mesmo espazo grazas a un novo deseño con forma ovoide fabricada con nanopartículas de dióxido de titanio e aluminio.

Outra vantaxe destas novas baterías é que, pola súa composición, son facilmente fabricábeis en masa e teñen un menor custe que as actuais, que empregan o litio como material principal.

Toca agardar agora se chegarán a comercializarse algún día ou se simplemente serán probas de laboratorio que non pasen a maiores.

Sobre o autor

Reply