Lenovo presenta o Moto E3 Power

Aló polo mes de xullo Lenovo presentaba a renovación do terminal máis básico da familia Moto E, o Moto E3. Desta volta, foi presentado unha evolución, o Moto E3 Power.

Moto e3 - 1

Este modelo incorpora melloras relacionadas coa batería, chegando até os 3500 mAh desde os 2800 mAh cos que contaba o seu irmán pequeno. Ademáis agora o Moto E3 Power conta con carga rápida, que con só 15 minutos, teremos até 5 horas de autonomía segundo informa Lenovo.

A causa desta nova batería de máis capacidade, cambian tantos o seu peso como dimensións, pasando a pesar 153,5 gramos e conta cunhas medidas de 143.8 x 71.6 x 9.6 mm. Tamén aumenta a memoria RAM até 2 GB, e o almacenamento interno co que o Moto E3 Power pasa a ter 16 GB, mantendo o resto de características iguais, e das que destacamos:

  • Pantalla IPS de 5 pulgadas con resolución HD.
  • Procesador Mediatek MT6735P quad-core a 1 GHz.
  • Cámara princiapal de 8 e frontal de 5 megapíxeles.
  • Dual SIM e LTE.
  • Android 6.0.1 Marshmallow.

Polo de agora este terminal venderase en exclusiva na India por un prezo aproximado de 106€. Non se descarta que nos vindeiros meses, o Moto E3 Power chegue a máis mercados.

Sobre o autor

Reply