Vodafone One Familia, paquetes pechados con máis dunha liña móbil

Vodafone vén de anunciar o lanzamento dos novos paquetes Vodafone One Familia, unha nova oferta que engloba servizos de comunicacións e entretemento e banda ultrarrápida tanto na casa como en mobilidade, o que en moitos casos pode supór un aforro de até o 10% con respecto á oferta existente na actualidade.

Estes paquetes One Familia levan incluídos de seguintes servizos:

  • Telefonía fixa: con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles
  • Internet: 50 Mbps, 300 Mbps ou 1 Gbps
  • 2 liñas móbiles: cada liña con 2 GB + 200 minutos ou 10 GB + ilimitadas, a compartir (polo tanto, 12 ou 20 GB). Inclúen roaming en Europa e USA.
  • TV: opción sen televisión, Familia TV, Familia Fútbol ou Familia Series.

Ademais pódense contratar até tres liñas adicionais por 15 ou 20 euros, dependendo de se ten a opción de 6 GB ou a de 10 GB, que tamén son a compartir. En canto aos prezos, resúmense na seguinte táboa:

Vodafone One Familia estará dispoñíbel para contratar a partir do próximo 16 de decembro.

Máis info | Vodafone

Sobre o autor

Reply