Novo Energy Smart Speaker con Amazon Alexa

A empresa Energy Sistem vén de anunciar a súa nova familia Smart con Amazon Alexa integrada, formada por tres modelos de altofalantes intelixentes: Energy Smart Speaker 3 Talk, Energy Smart Speaker 5 Home e Energy Smart Speaker 7 Tower.

Este novo portfolio está formado por dous altofalantes e unha torre de son que integran Amazon Alexa, e inclúen micrófonos ominidreccionais grazas aos cales as usuarias poden preguntar a Alexa cuestións como o tráfico, o tempo ou pedirlle que reproduza música. No caso dos dous altofalantes (Energy Smart Speaker 5 Home e Energy Smart Speaker 3 Talk) o sistema actívase mediante a voz, mais coa torre Energy Smart Speaker 7 Tower as usuarias poden solicitar a información de Alexa premendo nun botón situado na parte superior do panel ou a través do mando a distancia.

A posta en marcha destes gadgets é moi sinxela e basta unha breve configuración inicial na que o dispositivo se sincroniza co smartphone ou coa tablet e se conecta á rede WiFi da casa a través da aplicación Energy Multiroom Wi-Fi. Unha vez emparellados as usuarias xa poden usar Amazon Alexa.

Máis alá das funcións de Alexa, todos estes novos altofalantes tamén permiten a reprodución por Bluetooth, por cabo de audio jack ou a través de USBs e tarxetas microSD. No caso destas dúas últimas opcións, a reprodución correrá a cargo do propio altofalante, que é capaz de reproducir arquivos MP3.

O Energy Smart Speaker 3 Talk dispón dun altofalante 1.0 con 5W de potencia, membrana pasiva e batería de 6 horas de autonomía, mentres que o Energy Smart Speaker 5 Home, o sistema 2.0 con dous altofalantes de rango completo de 8W cada un e unha membrana pasiva no frontal, ofrece 16 W de potencia. Por último a Energy Smart Speaker Tower 7 compense de dous altofalantes de rango completo de 20 W cada un, un altofalante de agudos de 5W e Bass Reflex cos que brindar ás usuarias un son 2.0 en torre con 40 W de potencia.

Sobre o autor

Reply